Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 10 de agosto de 2012 Páx. 32390

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2012 pola que se fai pública a formalización dun contrato de obras non suxeito a regulación harmonizada.

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo de obras:

Edificio de servizos no porto de Meira (Moaña-Pontevedra).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Infraestruturas.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

d) Clave do expediente: PO-13-22-12-01.

e) Enderezo da internet do perfil de contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17254

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo de obra.

b) Descrición do obxecto: edificio de servizos no porto de Meira (Moaña-Pontevedra).

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado sen publicidade; sistema multicriterio.

4. Valor estimado do contrato.

199.850,00 euros, IVE excluído.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 199.850,00 euros. Importe total: 235.823,00 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 9 de xullo de 2012.

b) Data de formalización do contrato: 19 de xullo de 2012.

c) Contratista: C. Aldasa, S.L.U.

d) Nacionalidade: española.

e) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 181.363,88 euros. Importe total: 214.009,38 euros.

f) Tipo de oferta adxudicataria: solución base, con redución de prazo.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2012

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia