1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos.
c) Obtención de documentación e información:
1) Dependencia: Dirección de Recursos Económicos. Subdirección Xeral de Investimentos.
2) Enderezo: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.
3) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela.
4) Teléfonos: 881 54 18 38 (cuestións administrativas) e 881 54 03 05-881 54 27 70 (cuestións técnicas).
5) Telefax: 881 54 27 62.
6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es
7) Data límite de obtención de documentación e información: antes do día 24 de setembro de 2012.
d) Número do expediente: AB-SER3-12-005.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: servizos.
b) Descrición do obxecto: subministración enerxética prestacional e mantemento e conservación de edificios e instalacións de centros sanitarios, con inclusión de servizos de redacción de proxectos, dirección facultativa de obras e coordinación de seguridade e saúde (cofinanciado pola Unión Europea, a través do programa operativo Feder Galicia 2007-2013).
c) División por lotes e número: non procede.
d) Lugar de entrega:
1) Enderezo: léanse os pregos. Rexistro da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde. Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.
2) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela.
e) Prazo de execución:
– Prazo de revisión da totalidade dos estudos previos, anteproxectos e proxectos xa redactados: máximo de 2 meses desde a formalización do contrato.
– Prazo de redacción de todos os proxectos dos centros de saúde: máximo de 4 meses desde a formalización do contrato.
– Prazo de redacción do proxecto de ampliación do Hospital Comarcal do Salnés: máximo de 6 meses desde a formalización do contrato.
– Prazo da dirección facultativa das obras, se é o caso, será o que resulte da oferta adxudicataria das obras de construción (conforme o programa de execución de obra), ao que se lle incrementará o tempo necesario para realizar os traballos de recepción e liquidación da obra. O seu cómputo iniciarase o día da comprobación da traza da obra, excepto que exista reserva fundada que impida o seu comezo.
– Prazo máximo de execución do servizo de mantemento e da subministración enerxética prestacional será de 8 anos computados a partir da posta en marcha de cada centro sanitario.
f) Admisión de prórroga: non.
g) CPV (referencia de nomenclatura): 71.24.00.00, 09.12.30.00, 09.11.14.00, 09.13.40.00, 09.32.00.00, 34.91.30.00, 50.53.00.00.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Poxa electrónica: non.
d) Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares para esta licitación.
4. Valor estimado do contrato: é de 9.103.975,24 € coa seguinte desagregación:
– Redacción de proxectos: 407.160,90 euros.
– Dirección de obra, dirección de execución, coordinación de seguridade e saúde: 990.112,34 euros.
– Servizo de mantemento e subministración enerxética prestacional: 7.706.702,00 euros.
5. Orzamento base de licitación:
a) Importe neto: 9.103.975,24 euros. IVA (%): 21 %. Importe total: 11.015.810,04 euros. Ver pregos.
6. Garantías exixidas.
Provisional non se exixe.
Definitiva (%) 5 % do importe de adxudicación excluído o IVE.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación: ademais das outras solvencias, será necesario grupo P, subgrupo 1, categoría b, grupo P, subgrupo 3, categoría b.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares para esta licitación.
8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: ata o día 24 de setembro de 2012.
b) Modalidade de presentación: ver prego de cláusulas administrativas particulares para esta licitación.
c) Lugar de presentación:
1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde (horario de funcionamento é das 9.00 ás 14:00 horas de luns a venres).
2) Enderezo: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.
3) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela.
d) Admisión de variantes: non se admite.
e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses desde a finalización do prazo de presentación de ofertas.
9. Apertura de ofertas:
a) Descrición: apertura dos sobre B e sobre C en actos públicos.
b) Enderezo: Edificio Administrativo San Lázaro s/n.
c) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela.
d) Data e hora: ver no perfil do contratante da páxina www.sergas.es
10. Gastos de publicidade: será por conta do adxudicatario. Ver punto 3.3 do prego.
11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 6 de agosto de 2012.
12. Outras informacións: poderanse obter os pregos desta contratación no perfil do contratante http://www.sergas.es
Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2012
Pablo Torres Arrojo
Director de Recursos Económicos