Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 10 de agosto de 2012 Páx. 32396

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Coristanco

ANUNCIO de información pública sobre construción en San Roque-Traba.

Ao abeiro da Instrucción 2/2011, do 12 de abril, para a aplicación da disposición transitoria terceira da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, tramítase por instancia de Dolores Pena Cambón, a declaración de incursión na situación legal de fóra de ordenación total da construcción dedicada a taller e garaxe de maquinaria, amoreamento de materiais de construción, reciclaxe de residuos de construción e demolición e despezamento de vehículos, sitas en avda. Fisterra, s/n, San Roque, Traba (Coristanco), de acordo co proxecto presentado de recoñecemento de actividade para taller e garaxe de maquinaria, amoreamento de materiais de construción, reciclaxe de residuos de construción e demolición e despezamento de vehículos, e cumprindo o preceptuado no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación da incidencia ambiental, en relación co artigo 86 da Lei 30/1992, de bases do réxime xurídico das administracións públicas e do procedimento administrativo común, ábrese un período de información pública por prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da inserción do anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, para que os que se consideren afectados dalgunha maneira pola actividade que se pretende establecer, poidan facer as observacións pertinentes.

O expediente atópase na Secretaría deste concello e pode consultarse nas horas de oficina.

Coristanco, 6 de agosto de 2012

Antonio Pensado Plágaro
Alcalde