Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 10 de agosto de 2012 Páx. 32382

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2012 pola que se anuncia a licitación, polo trámite ordinario e procedemento aberto con varios criterios de valoración, para a adxudicación do contrato non suxeito a regulación harmonizada de execución das obras públicas hidráulicas de saneamento de clave OH.336.979 e dúas máis, cofinanciados polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, nun 50 % a través do convenio específico asinado o 7 de maio de 2012, para a execución, seguimento e avaliación das accións incluídas nos plans de zona das súas zonas rurais.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Tipo de contrato: obra.

d) Obtención de documentación e información.

1) Lugares de obtención do prego de cláusulas administrativas particulares (que inclúe o cadro de características do contrato), da documentación técnica e da demais información que proceda:

– Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216

– Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a Plataforma de Contratos Públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es e da páxina web:

http://www.augasdegalicia.xunta.es

– Augas de Galicia na rúa Doutor Maceira nº 18, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña), teléfonos: 981 95 74 01/27, fax: 981 95 74 03/881 99 96 94 e correo electrónico:

contratacion.epaugasdegalicia@xunta.es

– A copistaría Copybelén na rúa Rosalía de Castro, nº 29-31 (Galerías Belén), Santiago de Compostela (A Coruña), teléfono 981 59 99 24 e fax: 981 59 47 30.

2) Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

2. Obxecto dos contratos.

a) Descrición e lugar de execución: ampliación da rede de saneamento aos núcleos de Igrexa e Cabreira, Catasós. Lalín (Pontevedra).

Número de expediente: OH.336.979.

Orzamento base de licitación: importe neto: 169.475,30 euros. Importe total: 205.065,11 euros (inclúese o 21 % do IVE para os efectos de adaptación do orzamento do contrato ao novo tipo impositivo do imposto).

Prazo de execución (meses): dous (2).

Solvencia económica e solvencia técnica: acreditarase de conformidade co establecido no número 5 deste anuncio. O licitador poderá acreditar a solvencia exixida, quedando eximido da presentación desta, coa achega da clasificación como empresa contratista de obras do grupo E, subgrupo 1, categoría c.

b) Descrición e lugar de execución: colector xeral de saneamento entre San Pedro de Laroá e Rebordachá. Xinzo de Limia (Ourense).

Número de expediente: OH.332.763.

Orzamento base de licitación: importe neto: 136.053,06 euros. Importe total: 164.624,20 euros (inclúese o 21 % do IVE para os efectos de adaptación do orzamento do contrato ao novo tipo impositivo do imposto).

Prazo de execución (meses): tres (3).

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica: acreditarase de conformidade co establecido no número 5 deste anuncio. O licitador poderá acreditar a solvencia exixida, quedando eximido da presentación desta, coa achega da clasificación como empresa contratista de obras do grupo E, subgrupo 1, categoría c.

c) Descrición e lugar de execución: abastecemento e saneamento en varias rúas de Rubiá. Rubiá (Ourense).

Número de expediente: OH.532.779.

Orzamento base de licitación: importe neto: 107.071,41 euros. Importe total: 129.556,41 euros (inclúese o 21% do IVE para os efectos de adaptación do orzamento do contrato ao novo tipo impositivo do imposto).

Prazo de execución (meses): oito (8).

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica: acreditarase de conformidade co establecido no número 5 deste anuncio. O licitador poderá acreditar a solvencia exixida, quedando eximido da presentación desta, coa achega da clasificación como empresa contratista de obras do grupo E, subgrupo 1, categoría b.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: a pluralidade dos criterios de valoración enuméranse e detállanse coas súas puntuacións e ponderacións no prego de cláusulas administrativas particulares e no perfil do contratante.

4. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído.

5. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: a exixida para o contrato.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica: para as empresas non españolas de Estados membros da Unión Europea non clasificadas en España, de acordo co establecido nos artigos 66.1 e 59.4 do texto refundido da Lei de contratos do sector público deberán acreditar a solvencia nos termos que se expresan na cláusula 7.1.4 do prego de cláusulas administrativas particulares en relación co punto 6.2 do cadro de características do contrato.

Para as empresas non españolas de Estados membros da Unión Europea non clasificadas en España de acordo co establecido nos artigos 66.1 e 59.4 del texto refundido día Lei de contratos do sector público deberán acreditar as súas solvencias nos termos que se expresan no parágrafo anterior.

6. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 6 de setembro de 2012.

b) Modalidade de presentación: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares. As proposicións axustaranse estritamente aos modelos que se inclúen no citado prego.

c) Lugar de presentación: no Rexistro de Augas de Galicia, na rúa Doutor Maceira, 18, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña) nos días e horas hábiles de oficina (de luns a venres e das 9.00 ás 14.00 horas). Tamén por correo, segundo o disposto no artigo 80.4 do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso o licitador deberá anunciarlle ao órgano de contratación, no mesmo día da imposición na oficina de Correos, mediante telegrama ou fax, a remisión da documentación para concorrer á licitación, así como xustificar a data de imposición do envío.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses, desde a apertura en acto público, segundo se indica no punto seguinte, das ofertas contidas no sobre C.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

7. Apertura das ofertas.

a) Descrición: a apertura, comprobación e valoración separada do sobre A relativo á documentación acreditativa dos requisitos de aptitude para contratar, do sobre B cos elementos da oferta non valorables de forma automática e do sobre C cos da oferta que admiten unha valoración mediante a aplicación de fórmulas realizarase conforme o disposto nos pregos administrativos e na normativa de contratos do sector público.

b) Enderezo, localidade e código postal: Augas de Galicia na rúa Doutor Maceira nº 18, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Data e hora: as aperturas en acto público do sobre B o 19 de setembro de 2012 ás 9.00 horas e do sobre C o 5 de outubro de 2012, ás 9.00 horas.

8. Gastos de publicidade: serán por conta do licitador seleccionado para ser adxudicatario.

9. Outras informacións.

– Cofinanciamento do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, nun 50 % a través do Convenio específico asinado o 7 de maio de 2012, para a execución, seguimento e avaliación das accións incluídas nos plans de zona das súas zonas rurais, inlcuída na zona Pontevedra Norte, eixe 2: infraestruturas e equipamentos básicos; medida 25: auga para o contrato referido no punto a) do punto 2 deste anuncio; e incluídas na Zona Valdeorras, eixe 2: infraestruturas e equipamentos básicos, medida 23: cooperación coas corporacións locais para mellorar a prestación de servizos públicos en zonas e municipios rurais prioritarios, para os contratos referidos nos puntos b) e c) do dito punto 2.

– CPA e CPV (codificación do obxecto do contrato): as indicadas no cadro de características do contrato.

– Valor estimado de cada contrato: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.

– Melloras: admítense nos termos expresados no prego de cláusulas administrativas particulares.

– Apertura e valoración das ofertas dos sobres B e C: a apertura do sobre B e a súa valoración realizaranse con anterioridade á apertura e valoración do contido do sobre C. No caso de que calquera dos actos públicos de apertura das ofertas se modifiquen notificarase esta circunstancia aos licitadores presentados e farase pública no perfil do contratante.

– Publicidade de resultados: as datas e os resultados das aperturas dos sobres A, B e C, así como da adxudicación e formalización do contrato faranse públicas no perfil do contratante.

– Formalización do contrato: o contrato perfeccionarase coa súa formalización, que se efectuará no prazo previsto no cadro de características.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2012

P.D. (Resolución 30.1.2012; DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia