Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 389/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Beatriz Márquez Santos contra a empresa Tower Phone, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, ditouse a resolución cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte:
«Sentenza.
A Coruña, 13 de xullo de 2012.
Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre despedimento 389/2012, sendo demandante Beatriz Márquez Santos, asistida polo letrado Sr. López Pardo, e demandada a empresa Tower Phone, S.L.
Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por Beatriz Márquez Santos contra a empresa Tower Phone, S.L., e, en consecuencia, declaro improcedente a extinción do contrato laboral da demandante e condeno a empresa demandada a que, no prazo de cinco días desde a data da notificación da presente sentenza, opte entre a readmisión da traballadora nas mesmas condicións que rexían no momento de producirse o despedimento, así como ao aboamento dos salarios de tramitación que, desde a data do despedimento ata a da presente sentenza, suman a cantidade de 5.968,35 euros, aos que se deberán engadir os que se devindiquen ata a notificación desta, a razón de 44,21 euros diarios, e a extinción da relación laboral, con aboamento a esta da cantidade de 795,78 euros en concepto de indemnización.
Notifíquese a presente sentenza ás partes.
Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.
Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o deposito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.
Inscríbase no libro rexistro da súa clase.
Así o pronuncio, mando e asino.
Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».
E para que conste e sirva de notificación a Tower Phone, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.
A Coruña, 19 de xullo de 2012
A secretaria xudicial