Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 9 de agosto de 2012 Páx. 32126

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (725/2010).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 725/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Jose Castiñeira Castiñeira contra a empresa Clave Escoplo, S.L. sobre ordinario, ditouse a resolución cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 11 de xullo de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 725/2010. É demandante Juan José Castiñeira Castiñeira, representado polo letrado Sr. Nogueira Esmorís; e demandada a empresa Clave Escoplo, S.L.; foi citado, da mesma maneira, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por parte de Juan José Castiñeira Castiñeira contra a empresa Clave Escoplo, S.L., e, en consecuencia, condeno a esta última a aboar a Juan José Castiñeira Castiñeira a cantidade de 1.147,73 euros que lle debe, cantidade esta que deberá incrementarse cos xuros de mora do 10 %.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpoñer recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Clave Escoplo, S.L., expido esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

A Coruña, 22 de xullo de 2012

A secretaria xudicial