Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 8 de agosto de 2012 Páx. 31843

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xinzo de Limia

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle no núcleo rural de extensión en Morgade, no lugar da Lamela.

Aprobado inicialmente con data do 30 de xullo de 2012 o estudo de detalle de iniciativa pública elaborado o 19 de xuño de 2012, polo arquitecto Vítor Dorrío Conde, que afecta unha área situada ao norte do núcleo tradicional de Morgade, nun lugar denominado A Lamela, de 14.598,23 m2 e 22 parcelas, e que desenvolve o Plan Xeral de Ordenación Urbana de Xinzo de Limia, xa que modifica a ordenanza 13ª aplicable a este tipo de solo, de xeito que a aliñación oficial fixada en tres metros desde o peche pase a considerar un recuamento mínimo de tres metros desde a liña do peche.

En cumprimento do acordo da Xunta de Goberno Local do 30 de xullo de 2012 e do artigo 86.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese o expediente á información pública polo prazo de vinte días, contados desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o período de información pública quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo, para os efectos de que se presenten as alegacións e suxestións que se consideren pertinentes.

A aprobación inicial do estudo de detalle leva á suspensión do outorgamento de licenzas no ámbito afectado por este, suspensión que se extinguirá coa aprobación definitiva do estudo de detalle.

Xinzo de Limia, 31 de xullo de 2012

Manuel López Casas
Tenente alcalde