Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 8 de agosto de 2012 Páx. 31844

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Lugo

ANUNCIO de información pública sobre o extracto da convocatoria e das bases específicas do proceso selectivo para prover unha praza de licenciado en Belas Artes, do cadro de persoal funcionario da Deputación Provincial de Lugo, promoción interna, á que resulta de aplicación a disposición transitoria segunda do EBEP.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo publícanse as bases xerais (BOP número 86, do 17 de abril de 2009, corrección de erros BOP número 236, do 15 de outubro de 2009) e a convocatoria e as bases específicas (BOP número 154, do 5 de xullo de 2012) para a provisión da praza de persoal funcionario, promoción interna, á que resulta de aplicación a disposición transitoria segunda do EBEP, que a continuación se relacionan:

Número de vacantes: unha. Denominación: licenciado en Belas Artes. Escala: Administración especial, subescala técnica, técnicos superiores. Sistema de provisión: concurso-oposición, promoción interna. Grupo A, subgrupo A1.

Presentación das solicitudes: presentaranse no modelo oficial que se facilitará na Unidade de Selección, Promoción e Carreira.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral desta entidade ou nos lugares determinados no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Dirixiranse ao presidente da Deputación Provincial de Lugo.

Prazo de presentación: vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste extracto no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Faise constar expresamente que os sucesivos anuncios que se deriven da convocatoria se publicarán no BOP de Lugo, no taboleiro de anuncios desta corporación ou na páxina web desta corporación.

Lugo, 6 de xullo de 2012

P.D. (Decreto 1651/2012, do 24 de maio)
Lara Méndez López
Vicepresidenta da Deputación Provincial de Lugo