Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 8 de agosto de 2012 Páx. 31806

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Cerceda (expediente IN407A 2012/90-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Concello de Cerceda.

Domicilio social: avenida Mesón 21, 15185 Cerceda.

Denominación do proxecto: LAT de evacuación do P.E.S. de Cerceda (expediente IN661A 2004/2-1).

Municipios afectados: concello de Cerceda.

Características técnicas da instalación:

Liña de media tensión a 20 kV, cunha lonxitude total de 1.375 metros, composta por dous treitos de características:

Liña de media tensión soterrada a 20 kV, cunha lonxitude de 807 metros, en condutor tipo RHZ1-RHZ1-2OL 12/20 kV de 95 mm2 Al, coa orixe no centro colector do P.E.S. de Cerceda (UTM X: 540.252 / UTM Y: 4.781.710) e remate no paso aéreo-soterrado que se vai instalar no apoio de formigón tipo HVH 4500/13 que está proxectado instalar no punto de coordenadas UTM X: 540.926 / UTM Y: 4.781.602.

Liña de media tensión aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 568 metros, en condutor tipo LA-110 (94-AL1/22ST1A, segundo UNE-EN 50182), coa orixe no paso aéreo-soterrado anterior e remate no punto de entroncamento coa rede de distribución existente de coordenadas UTM X: 541.293 / UTM Y: 4.781.187, propiedade de Unión Fenosa Distribución, S.A.

A relación concreta e individualizada dos propietarios dos bens ou dereitos afectados figura no anexo á presente resolución.

O que se fai público para coñecemento xeral ao dos propietarios dos predios que figuran na relación do anexo desta resolución, así como das persoas que sendo ben propietarios ben titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos, para que poidan examinar o expediente nesta xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º e 2º piso, 15071 A Coruña, e presentar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións no prazo de 30 días, prazo que comezará a contar a partir do día seguinte ao da última publicación ou da notificación individual, por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Para idénticos efectos e durante un prazo de 30 días que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, poderase examinar o expediente no Concello de Cerceda. Remítirase ao concello coa mesma data á da presente resolución un exemplar do proxecto.

É de significar que esta publicación se realiza igualmente para os efectos determinados no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar ou o medio da notificación, ou ben, cando intentada a notificación, non se puidese realizar, e deste modo dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan sobre estes, de conformidade co artigo 5 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

A Coruña, 23 de xullo de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Parcela

Propietario

Superficie afección

Polígono

Parcela

Referencia catastral

Apelidos, nome

Apoios

Servidume de voo

Servidume de proteción de treito aereo

Acceso

Servidume soterrada

m2

Total ml

Total m2

Tipo de chan:

monte alto

Total ml

Total m2

Tipo de chan:

monte alto

m2

Total ml

Total m2

7

30

334

15024A03000334

Loureiro Bermúdez, Manuel

96, 24

962, 36

962, 36

96, 24

384 47

384 47

288, 61

9

30

41

15024A03000041

Parceiro Fuentes, Adolfina

17, 98

179, 81

179, 81

17, 98

163, 62

163, 62

12

30

35

15024A03000035

Herdeiros de Antonia Parceiro Fuentes

25, 39

253, 91

253, 91

25, 39

87, 31

87, 31

79, 05

15

30

36

15024A03000036

Grela Fuentes, José

2, 35

23, 53

23, 53

2, 35

23, 50

23, 50

17

30

32

15024A03000032

Herdeiros de Jesusa Mosquera Fuentes

0, 38

3, 75

3, 75

0, 38

13, 49

13, 49

19

30

158

15024A03000158

Liñares Canedo, José

2

19, 95

109, 48

1.094,81

1.094, 81

109, 48

392, 21

392, 21

75, 11

22

32

740

15024A03200740

Liñares Canedo, José

1, 76

17, 63

17, 63

1, 76

33, 83

33, 83

23

30

1

15024A03000001

Liñares Canedo, José

1, 50

14, 96

14, 96

1, 50

12, 38

12, 38

24

30

55

15024A03000055

Descoñecido

0, 37

25

32

73

15024A03200073

Descoñecido

0, 14

1, 39

1, 39