Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 8 de agosto de 2012 Páx. 31800

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a aprobación do proxecto de execución, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental do parque eólico de Codesás-Monte da Fraga, no concello de Toques, na provincia da Coruña (expediente IN661A 2011/18-1).

En cumprimento do disposto na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia; no Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos, modificado pola Lei 6/2010, do 24 de marzo; no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal; na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia; e na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia, sométese a información pública a solicitude presentada pola empresa Fenosa Wind, S.L. para as instalacións que se describen a seguir:

Solicitante: Fenosa Wind, S.L.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación do proxecto: parque eólico Codesás-Monte da Fraga.

Municipios afectados: Toques (A Coruña)

Potencia que se vai instalar: 12 mW.

Orzamento total : 14.409.873,69 €.

Localización (área de afección):

Parque eólico de Codesas-Monte da Fraga.

Coordenadas poligonais (UTM, huso 29, edición 1950).

Vértice polígono

X

Y

A

583.520

4.761.520

B

583.640

4.761.280

C

584.320

4.760.320

D

583.920

4.760.120

E

582.920

4.761.120

F

582.920

4.761.320

Parque eólico de Codesas-Monte da Fraga.

Coordenadas UTM (huso 29, edición 1950).

Nº aeroxerador

X

Y

1

583.434

4.761.202

2

583.529

4.760.974

3

583.717

4.760.749

4

583.863

4.760.565

Estación anemométrica.

Coordenadas UTM (Datum ED50, huso 29).

X

Y

583.337

4.761.081

Características técnicas das instalacións:

4 aeroxeradores de 3000 kW de potencia nominal unitaria con xerador síncrono, montados sobre fuste tubular metálico cunha altura de 85 m e un diámetro de rotor de 82 m.

4 centros de transformación de potencia unitaria 3.500 kVA e con relación de transformación de 0,4/20 kV, instalados no interior de torre de aeroxerador coa seu correspondente aparella de seccionamento, manobra e protección.

Rede eléctrica soterrada a 20 kV de interconexión entre os centros de transformación 0,4/20 kV dos aeroxeradores e a subestación transformadora do parque, composta por 2 circuítos con condutor tipo RHZ1 OL 12/20 kV 3×(1×240) mm2 Al.

Subestación transformadora 20/220 kV de intemperie, equipada con transformador de 14 MVA (ONAF) e relación de transformación 220/20 kV, celas de media tensión 20 kV aloxadas no edificio de control, transformador de servizos auxiliares de 100 kVA e relación de transformación 20/0,4 kV, aparellos de medida, protección, telemando e control.

1 torre anemométrica de 85 m de altura, equipada cun conxunto de sensores meteorolóxicos e un sistema de adquisición de datos programable.

Obxecto da información pública:

A autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade

pública das instalacións. Esta declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 54

da Lei 54/2007, a necesidade da urxente ocupación, para os efectos da expropiación forzosa, dos bens e

dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

O estudo de impacto ambiental.

O proxecto sectorial de incidencia supramunicipal

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

A relación concreta e individualizada dos propietarios, bens e dereitos afectados figura no anexo que se insire con esta resolución.

O que se fai público para coñecemento xeral e dos propietarios dos predios e demais titulares afectados que non chegaron a un acordo coa entidade solicitante, e que figuran na relación do anexo desta resolución, así como das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados fosen omitidas, para que poidan examinar o expediente, na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, sita no edificio administrativo Monelos, rúa Vicente Ferrer, nº 2, 15071 A Coruña, e presentar as súas alegacións no prazo de trinta días, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da última publicación ou da notificación individual.

Para idénticos efectos e no prazo de 30 días que comezará a contar a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio, o estudo de impacto ambiental correspondente ás instalacións do parque eólico Codesás-Monte da Fraga poderase examinar nesta Xefatura Territorial de Economía e Industria da Coruña, así como no concello Toques e na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Así mesmo, poderase examinar o proxecto de execución e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal no concello de Toques e nas dependencias desta Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña.

Unha vez finalizado o prazo, o expediente, xunto coas alegacións recibidas, remitirase á Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria.

Esta publicación faise igualmente para os efectos do previsto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en relación cos interesados que sexan descoñecidos, ou cando se ignore o lugar ou o medio da notificación ou ben se, intentada a notificación, non se puido realizar. As dilixencias relativas ao expediente entenderanse co Ministerio Fiscal nos supostos previstos no artigo 5 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

A Coruña, 19 de xuño de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Parque eólico de Codesás-Monte da Fraga
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados
Termo municipal de Toques (A Coruña)

Nº parc..

Ref. catast.

Paraxe

Propietario

Uso do solo

Aero

Pleno dominio (m2)

Servidume (m2)

Sup.

Polg.

Parc.

Zapata

Plat.

Subest. e est. anem.

Vías

Voo

Gabia

Total

1

5

00589

MVMC C. Paradela

CMVMC Paradela

Mato

 

 

 

 

3.003

 

 

3.003

2

5

09063

Camino

Concello de Toques

Viario

 

 

 

 

528

 

 

528

3

6

00500

MVMC de Capela

CMVMC de Capela

Mato

 

 

 

 

98

 

 

98

4

5

01102

Quenllo

Morujosa Ares, Ramón

Mato

 

 

 

 

130

 

 

130

5

5

01110

Quenllo

Morjosa Barallobre, Ricardo hrdos.

Mato

 

 

 

 

27

 

 

27

6

5

01109

Chousa de Abaixo

Amor Morujosa, José hros.

Mato

 

 

 

 

26

 

 

26

7

5

01108

Chousa de Abaixo

Amor Morujosa, José hros.

Mato

 

 

 

 

22

 

 

22

8

5

00076

Chousa de Arriba

Lorenzo Morujosa, Mª Elena

Mato

 

 

 

 

229

 

 

229

9

5

01013

Chousa de Arriba

Morujosa Ares, Ramón

Mato

 

 

 

 

193

 

 

193

10

5

01095

Quenllo

Morujosa Barallobre, Ricardo hros.

Mato

 

 

 

 

142

 

 

142

11

5

01094

O Campo

Amor Morujosa, Guillermo

Mato

 

 

 

 

112

 

 

112

12

5

00018

A Queimada

Morujosa Ares, Ramón

Mato

 

 

 

 

1.984

 

 

1.984

13

5

01103

O Campo

Amor Morujosa, Oliva

Mato

 

 

 

 

63

 

 

63

14

5

00031

Torreiro

Morujosa Ares, Ramón

Prado

 

 

 

 

203

 

 

203

14-1

5

01049

Torreiro

Amor Morujosa, Guillermo

Prado

 

 

 

 

64

 

 

64

14-2

5

01050

Torreiro

Lorenzo Morujosa, Mª Elena

Prado

 

 

 

 

32

 

 

32

14-3

5

00970

Torreiro

Lorenzo Morujosa, Mª Elena

Prado

 

 

 

 

211

 

 

211

14-4

5

00032

Torreiro

Lorenzo Casanova, Modesto

Prado

 

 

 

 

61

 

 

61

15

5

09003

Estr. Toques-Sobrado

Concello de Toques

Viario

 

 

 

 

727

 

 

727

16

5

00015

Entre Torreiros

Lorenzo Morujosa, Mª Elena

Eucaliptos

 

 

 

 

97

 

 

97

16-1

5

01051

Entre Torreiros

Lorenzo Morujosa, Mª Elena
Vázquez Mosteiro, Jesús

Eucaliptos

 

 

 

 

8

 

 

8

16-2

5

00017

Entre Torreiros

Amor Morujosa, Guillermo

Eucaliptos

 

 

 

 

25

 

 

25

17

5

09055

Camiño

Concello de Toques

Viario

 

 

 

 

712

 

 

712

18

5

00033

Toxeira

Lorenzo Casanova, Remigio

Mato

 

 

 

 

171

 

 

171

19

5

01015

Quenllo

Vecinos de Paradela

Eucaliptos

 

 

 

 

260

 

 

260

20

5

09056

Camiño

Concello de Toques

Viario

 

 

 

 

15

 

 

15

21

5

00627

MVMC C. Paradela

CMVMC Paradela

Mato

A1, A2, A3, A4

690

13.103

14.254

13.639

7.412

2.828

51.926

22

5

00211

Monte dos Rubios

Villamor Cabado, Jesús

Piñeiros

A2

 

1.960

 

 

105

 

2.065

23

5

00208

Bulleiro

López Varela, Dositeo

Prado

A4

230

3.214

 

234

3.313

160

7.151

920

18.277

14.254

23.016

10.830

2.988

70.285

Superficies totales

Dereitos mineiros

Pleno dominio (m2)

Servidume (m2)

Sup.

Nome

Números

Titular

Uso do solo

Aero

Zapata

Plat.

Subest.. e est. anem.

Vías

Voo

Gabia

Total

Ponte

LC-7108 Sección C

Minas de Bandeira, S.A.

Permiso de exploración

A1, A2, A3, A4

920

18.277

14.254

20.695

10.830

2.988

67.964

Subestación e torre meteorolóxica (subest. e est. anem.), zapata, plataforma (plat.): superficie de expropiación de pleno dominio dos terreos afectados.

Voo: servidume de voo das pas dos aeroxeradores.

Vías: servidume de paso das vías polas cales circularán os transportes durante a construción do parque, así como durante a súa etapa de mantemento.

Gabía: servidume de paso da liña soterrada de media tensión.

(O.T.): ocupación temporal dos terreos durante o prazo que duren as obras.