Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 8 de agosto de 2012 Páx. 31827

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 16 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se lles notifica ás persoas interesadas que se indican no anexo a resolución de pleno dereito do contrato e lanzamento da vivenda do procedemento de desafiuzamento administrativo P-105/11.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentar en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselles ás persoas interesadas a resolución de pleno dereito do contrato e lanzamento da vivenda do procedemento de desafiuzamento administrativo que se detalla no anexo.

Pontevedra, 16 de xullo de 2012

(Decreto 317/2009, do 4 de xuño)
José Luís Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente: P-105/11.

Nome: Aurora Martínez Orge

Enderezo: rúa As Teixugueiras, núm. 17, portal 4, 6º F, Vigo.

Asunto: resolución de pleno dereito do contrato e o lanzamento da vivenda contra Aurora Martínez Orge e demais ocupantes da vivenda identificada co expediente de construción PO-2004/010, conta 358.

Indicación do contido: acordar a resolución de pleno dereito do contrato e o lanzamento da vivenda de Aurora Martínez Orge, así como dos demais ocupantes da vivenda situada na rúa Teixugueiras, núm. 17, portal 4, 6º F, Vigo, Pontevedra, que se levará a cabo polo funcionario do IGVS que se designe, con credencial para o efecto subscrita e asinada polo xefe territorial do Instituto Galego da Vivenda e Solo e coa preceptiva autorización xudicial para a entrada no domicilio de particulares na execución forzosa de actos da Administración, incorporada ao expediente e co auxilio das forzas de seguridade do Estado, autonómicas ou locais.

Advírteselles aos interesados que, de conformidade co establecido no Regulamento de VPO, poderán evitar o lanzamento aboando o total da débeda no prazo de 15 días hábiles a partir do seguinte a aquel en que teña lugar a notificación ou a publicación, e presentando xustificante de atoparse ao día coa comunidade de propietarios.

Recursos: contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer perante o xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de Pontevedra recurso de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa recepción conforme os artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben recurso contencioso-administrativo ante o xulgado competente, dentro dos dous meses seguintes ao da notificación desta resolución, segundo establecen os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE nº 167, do 14 de xullo).