Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 8 de agosto de 2012 Páx. 31826

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

ANUNCIO do 31 de xullo de 2012 polo que se procede a darlle publicidade á Resolución do 31 de maio de 2012, pola que se convoca proceso selectivo para a vinculación temporal dunha praza de facultativo especialista da Área de Oncoloxía Radioterápica.

A Dirección de Galaria, de conformidade co establecido no artigo 67 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, ao abeiro dos principios recollidos na norma xeral décimo cuarta do Pacto de selección temporal de persoal estatutario nas institucións sanitarias do Sergas, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e a Orde do 15 de xuño de 2009, resolve proceder ao anuncio da convocatoria para a vinculación temporal eventual dun facultativo especialista da Área de Oncoloxía Radioterápica.

O prazo de presentación de solicitudes será de 7 días naturais contados desde o seguinte á data da publicación do anuncio da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

As persoas interesadas en participar na convocatoria deberán presentar solicitude, segundo modelo de instancia do anexo I, á súa disposición no Rexistro de Galaria, sito no Servizo Galego de Saúde, edificio admvo. San Lázaro 3º andar (15707 Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, e na páxina web: www.sergas.es.

Vigo, 31 de xullo de 2012

María Luisa Brandt Sanz
Directora xerente de Galaria