Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 7 de agosto de 2012 Páx. 31470

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (125/2010).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Social número 2 da Coruña.

Fago saber: que por proposta de providencia ditada no día da data no proceso seguido por instancia de Francisco Xabier Añón Castro contra Montajes Eléctricos Gordido, S.C., Fogasa, en reclamación por ordinario, rexistrado co número 125/2010, se acordou notificar a Montajes Eléctricos Gordido, S.C., en ignorado paradoiro, a seguinte sentenza:

Xulgado do Social número 2

A Coruña

Sentenza: 542/2012

Asunto: 125/2010

Na cidade da Coruña, 5 de xullo de 2012

Lara Mª Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre cantidades, por instancia de Francisco Xabier Añón Castro, que comparece representado pola letrada Sra. Garrido Fernández, contra a empresa Montajes Eléctricos Gordido, S.C. e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen, ditou a seguinte

Sentenza.

Antecedentes de feito.

Primeiro. A parte demandante Francisco Xabier Añón Castro presentou en data 4.2.2010 demanda, que por quenda correspondeu a este Xulgado do Social número 2 da Coruña, na que, tras expor os feitos e alegar os fundamentos de dereito que considerou pertinentes, remataba suplicando que se ditase sentenza conforme o pedido.

Segundo. Admitida a trámite a dita demanda, sinalouse para a realización do acto de xuízo o día 4.7.2012 e este tivo lugar na data sinalada en todas as súas fases co resultado que consta na acta redactada para o efecto e que quedou debidamente gravado no correspondente soporte CD. Unha vez concluso o acto do xuízo, quedaron os autos vistos para ditar sentenza.

Terceiro. Na tramitación dos presentes autos observáronse as normas legais de procedemento.

Feitos probados.

Primeiro. Francisco Xabier Añón Castro veu prestando servizos para a empresa Montajes Eléctricos Gordido, S.C. desde o 17.9.2007 ata o 3.12.2009, coa categoría de peón e cun salario mensual rateado de 1.322,16 euros [sentenza de despedimento firme].

Segundo. A empresa demandada non lle aboou os salarios correspondentes aos meses de xaneiro a agosto (10 días) de 2009 e vacacións de 2009, facendo un total de 10.873,73 euros.

Terceiro. Presentada a papeleta de conciliación o 18.12.2010, tivo lugar o preceptivo acto ante o SMAC o 7.1.2010, co resultado de intentado sen efecto.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. Os feitos declarados como probados sono con apoio na proba practicada no acto do xuízo ao que unicamente acudiu o demandante (malia estar citada a demandada); e en especial, da documental achegada, así como da utilización da facultade contida no artigo 91.2 LPL.

Segundo. 1. Acreditada a existencia da relación laboral durante un determinado período de tempo corresponde ao empresario a carga da proba do pagamento do salario, ex artigo 1214 CC [actual artigo 217 LAC] (STS 12/07/94 Ar. 6553); polo que, ausente esa proba de descargo, debe admitirse a demanda. Conforme o xa expresado, a súa propia non comparecencia ao acto do xuízo supón a falta de proba do feito do pagamento, o que deberá supor a condena da empresa. E, en consecuencia, estimar que a empresa demandada deixou de aboar á parte demandante a cantidade de 10.873,73 euros.

2. Sobre a responsabilidade do Fogasa, debe recordarse que, por imperativo legal (artigo 33 do ET) o Fondo é responsable legal subsidiario ante os traballadores respecto de determinadas débedas do empresario, pero esta proximidade conceptual non permite equiparalo totalmente con quen asume contractualmente o pagamento dunha obriga, en defecto do debedor principal. O Fogasa non pode ser identificado co fiador definido no artigo 1822 CC, por máis que a súa posición xurídica, cando asume o pagamento de débedas do empregador, sexa similar á do fiador no mesmo caso. En atención a ese carácter de asegurador público, o Fondo é parte, por prescrición legal, nos procesos incoados nos casos previstos no artigo 23.2 LPL, onde se ordena citalo como tal, co fin de que «poida asumir as súas obrigas legais ou instar o que conveña en dereito». Non obstante, é evidente que, aínda nos casos do artigo 23.2, o Fondo é só parte formal ou procesual, como sinala a doutrina, posto que a titularidade da única relación xurídico-material discutida no proceso corresponde en exclusiva ao ou os traballadores demandantes e aos empresarios demandados. A súa presenza no proceso obedece á especial situación en que se encontra como responsable legal subsidiario do empresario e ao seu inequívoco interese directo e relevante no resultado que se produza, que pode chegar a converterse nun feito constitutivo, modificativo ou extintivo da súa propia relación xurídica.

No presente caso, é claro que non existe responsabilidade do Fogasa nesta instancia, porque non se acreditou que se condenase a empresa nin o se declarase insolvente. E iso é así porque a intervención do Fondo no proceso, sobre a base do artigo 23 LPL, o é non en calidade de demandado «strictu sensu», senón como un privilexio procesual, dado o seu carácter público, a súa actividade de seguro como garante das indemnizacións reclamadas polos demandante e para posibles responsabilidades posteriores.

Vistos os artigos citados e demais de xeral e pertinente aplicación.

Decisión.

Que estimando a demanda interposta por Francisco Xabier Añón Castro contra a empresa Montajes Eléctricos Gordido, S.C., condénoa a que lle aboe a cantidade de dez mil oitocentos setenta e tres euros e setenta e tres céntimos (10.873,73 euros).

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado o xustificante acreditativo de ter depositado a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto, e poderá substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista debendo acreditar tamén na indicada conta a consignación da suma de 300 euros preceptivos para recorrer, sen cuxo cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Montajes Eléctricos Gordido, S.C., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 17 de xullo de 2012

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial