Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 7 de agosto de 2012 Páx. 31515

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 9 de xullo de 2012, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación do monte denominado Palaimos, solicitado a favor dos veciños da comunidade de montes veciñais en man común de Armenteira, da parroquia de Armenteira, concello de Meis, e se abre un período dun mes para a práctica de alegacións.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día 16.4.2012, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do seguinte monte:

Concello: Meis.

Parroquia: Armenteira.

Nome do monte: Palaimos.

Cabida: 8,30 ha aproximadamente (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte: monte veciñal de Armenteira (polígono 107, parcela 021) e parcelas catastrais de Tomada de Espiño (polígono 107, parcelas 564, 585, 584, 583, 582, 581, 580, 569, 570, 571, 572, 573 e 535).

Sur: termo municipal de Poio (parcela 1705 do polígono 17, parte da parcela 956 e 954 do polígono 17) parcela Foxo Naval do monte veciñal de Armenteira e Tomada Cal de Marroque. Parcela 9004, pista forestal que separa da parcela Foxo Naval-Cal de Marroque do monte veciñal de Armenteira.

Leste: monte veciñal de Armenteira (parcela Monte Redondo) e termo municipal de Poio. Polígono 107, parcela 021, monte vecinal de Armenteira, parcela Monte Redondo. Parcela 1705, do polígono 17 do término municipal de Poio.

Oeste: Tomada de Cal de Marroque e Tomada de Espiño. Polígono 107, parcelas 952, 951, 948, 547, 546, 545, 544, 543, 542, 541, 540 e 888 (parte) Cal de Marroque, 9004, pista forestal que separa da parcela Foxo Naval-Cal de Marroque do Monte veciñal de Armenteira. Parcelas catastrais da Tomada do Espiño, xa citadas.

O que se pon en coñecemento de todos os interesados, para os efectos de abrir un período dun mes de duración para que se poida examinar o expediente e aducir durante este tempo o que se considere procedente en relación cos montes de referencia, así como presentar cantas alegacións, documentos ou información coiden convenientes e, se for o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 9 de xullo de 2012

X. Carlos Morgade Martínez
Instrutor