Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 7 de agosto de 2012 Páx. 31509

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 13 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o inicio do dereito de audiencia do expediente sancionador na orde social RL 2012/261-1.

Intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a continuación sen que se puidese efectuar, esta xefatura territorial resolve notificar por este medio, de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, durante o cal poderán exercer o dereito de audiencia do expediente, previo á resolución na Xefatura Territorial da Coruña. Todo isto segundo o establecido no artigo 18.2 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio.

Expediente: RL 2012/261-1.

Acta inf.: I152012000058062.

Empresa: Restaurante El Iglesario, S.L.U.

NIF: B70271770.

Enderezo: rúa Vázquez de Parga 154, 3º, 15100 Carballo.

Materia: traballo.

Normativa infrinxida: artigos 12.4, 34.6, 35.5, 38.2 e 38.3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

Tipificación: artigos 5.1 e 7.5 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de acordo cos artigos 39.6 e 40.1.b) do dito texto legal (falta grave en grao mínimo, tres infraccións por importe de 626 euros cada unha).

Proposta de sanción: 1.878 €.

Documentos que constan no expediente:

– Acta de infracción.

– Xustificantes das notificacións.

A Coruña, 13 de xullo de 2012

Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña