Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 7 de agosto de 2012 Páx. 31507

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Touro (expediente IN407A 2011/95-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: UDESA.

Domicilio social: José Ángel Valente, nº 17-baixo, local 62, 15706 Santiago de Compostela.

Denominación: modificado do proxecto CI (punto fronteira) e LMTS Arinteiro. Fontedíaz.

Situación: concello de Touro.

Características técnicas:

– LMT soterrada a 20 KV, de 12 metros de lonxitude, en condutor RHZ1-2OL-18/30 kV 3(1×240 mm² Cu), coa orixe en cela de liña existente no CD de Unión Fenosa Distribución, S.A. (expediente IN407A 2009/470-1. Coordenadas UTM: 556.596/4.746.950) e remate en cela de liña que se vai instalar no centro de interconexión (punto fronteira) proxectado (coordenadas UTM: 556.598/4.746.957).

– LMT soterrada, denominada Arinteiro I, de 1.214 metros de lonxitude, en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV 3(1×240 mm² Al), coa orixe en cela de liña que se vai instalar no centro de interconexión proxectado e remate no PAS que se vai instalar en apoio tipo HVH 4500/17 que substitúe o apoio nº 49 existente tipo HVH 400/14 da LMT Millares-Quión (expediente IN407A 2002/247-1).

– LMT soterrada, denominada Arinteiro II, de 1.122 metros de lonxitude, en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV 3(1×240 mm² Al), coa orixe en cela de liña que se vai instalar no centro de interconexión proxectado e remate no PAS que se vai instalar en apoio tipo HVH 4500/17 que substitúe o apoio nº 49 existente tipo HVH 400/14 da LMT Millares-Quión (expediente IN407A 2002/247-1), logo de entrar e saír no CS Tratamentos Ecolóxicos (expediente IN407A 2012/23-1).

– Centro de interconexión en edificio prefabricado de formigón (punto fronteira), composto dun conxunto de celas con illamento en SF6, formado por: cela de interruptor-seccionador con autoválvulas, cela de interruptor automático para protección xeral, cela de medida, celas (2) de seccionador interconectadas mediante remonte con condutor RHZ1-2OL-18/30 kV 3(1×240 mm² Cu), celas (2+1 de reserva) de interruptor automático para as saídas das liñas, cela de protección para o transformador de servizos auxiliares, de 50 kVA de potencia e relación de transformación 20/0,4 kV.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 12 de xuño de 2012

Por ausencia (Artigo 39.3 Decreto 324/2009; DOG nº 117, do 17 de xuño)
Juan Ignacio Lizaur Otero
Xefe do Servizo de Enerxía e Minas