Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 7 de agosto de 2012 Páx. 31481

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Gondomar (expediente IN407A 2012/49-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se describen:

Solicitante: Sociedad Electricista de Tui, S.A.

Domicilio social: rúa A Coruña 20, 36700 Tui.

Denominación: LMT, CT A Portavedra II.

Situación: Gondomar.

Descricións técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 estruturada en dous tramos, o primeiro dobre circuíto de 40 metros de lonxitude, con orixe no CT proxectado e final no apoio existente nº 7 HV-1.600/13 da LMTA xeral, no cal se realizará un paso aereosubterráneo, e o segundo de 80 metros, con orixe no CT proxectado, e final no apoio de celosía C-3.000/18 da LMTA derivación ao CT San Cibrán/Telefónica, no cal se realizará outro paso aereosubterráneo. Centro de transformación de 160 kVA, RT 20 KV/400-230 V, situado na Portavedra, Mañufe. Concello de Gondomar.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de doce (12) meses a partir da recepción da presente resolución. Para os efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 23 de maio de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra