Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 7 de agosto de 2012 Páx. 31480

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica LMT e CT Reguengo, no concello de Quintela de Leirado (expediente IN407A 2012/19-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica:

Solicitante: San Miguel 2000 Distribución Eléctrica, S.L.U.

Domicilio social: rúa Coruña, 20, bajo, 36700 Tui.

Denominación: LMT e CT Reguengo.

Situación: Quintela de Leirado.

Descricións técnicas: L.M.T. aerosubterránea a 20 kV de 552,55 m en aéreo, con condutor LA-56 e 130 m en subterráneo con condutor RHZ1 e orixe na LMT ao grupo escolar e remate no CT prefabricado en caseta CT Reguengo, Redemuíños de 250 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

Orzamento: 77.778,41 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 15 de maio de 2012

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense