Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 7 de agosto de 2012 Páx. 31495

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Arteixo (expediente IN407A 220/2009).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: modificado I. LMTS avenida de Pastoriza-Platas Varela.

Situación: concello de Arteixo.

Características técnicas: tramo de liña de media tensión subterránea CT avenida de Carballo a CT Alcalde Platas Varela, nº 215 a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,855 km, coa orixe en cela de liña existente no CT avenida de Carballo (expediente 3/07), condutor tipo RHZ-2OL-12/20 kV, 3 (1×240 Al), e final en cela de liña existente no CT Alcalde M. Platas Varela, nº 215 (expediente 87/02).

Tramo de liña de media tensión subterránea CT Galán a CT Alcalde Platas Varela, nº 140, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,180 km, coa orixe en cela de liña existente no CT Galán (expediente 221/02), condutor tipo RHZ-2OL-12/20 kV, 3 (1×240 Al), e final en cela de liña existente no CT Alcalde Platas Varela, nº 140 (expediente 419/03).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situado Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 3 de xullo de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña