Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 7 de agosto de 2012 Páx. 31494

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica LAT, 132 kV, Xinzo-Verín II para alimentación da subestación de Verín II nos concellos de Monterrei e Verín (expediente IN407A 2012/28-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: LAT, 132 kV, Xinzo-Verín II para alimentación da subestación de Verín II.

Situación: Monterrei e Verín.

Descricións técnicas: LAT subterránea a 132 kV de 1.215 m de lonxitude con condutor RHZ1 76/132 kV 1×630 mm2 Al, con orixe no novo apoio proxectado nº 80, que sustitue ao actual, con paso aéreo a subterráneo da LMT existente Xinzo-Verín, rematando na nova subestación Verín II.

Orzamento. 1.193.911,76 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 25 de xuño de 2012

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense