Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 7 de agosto de 2012 Páx. 31497

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica subestación Verín II 132 kV no concello de Verín (expediente IN407A 2012/30-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: subestación Verín II 132 kV.

Situación: Verín.

Descricións técnicas: a subestación esta constituída por:

2 transformadores en intemperie trifásicos en baño de aceite, con radiadores contiguos á cuba, a potencia nominal unitaria é de 30 MVA, con relación de transformación 132/20 kV e regulación en carga (os transformadores trasládanse da subestación actual que se vai desmontar).

Sistema de 132 kV composto por celas blindadas encapsuladas tipo F35-4 con illamento en SF6 que conta de 6 posicións:

– 2 posicións de liña.

– 2 posicións de transformador.

– 1 posición de media tensión de barras.

– 1 posición de acoplamento transversal.

Sistema de 20 kV un conxunto de celas de M.T. formado por 14 posicións:

– 7 celas barra dobre, posición de liña.

– 1 cela barra dobre, posición liña con coxerador.

– 2 celas barra dobre, posición transformador.

– 1 cela barra dobre, medida de barras.

– 1 cela barra dobre, posición axuste transversal.

– 1 cela barra dobre, posición servizos auxiliares.

Servizos auxiliares constituídos por:

– 1 cuadro de distribución en B.T.

– 1 equipo cargador-batería de 125 V c.c.

– 1 equipo cargador-batería de 48 V c.c.

– 1 armario UCI (Unidade de Control Integrada).

– 1 equipo de comunicacións.

– 2 transformadores de 160 kVA e R/TR 20.000/420 V.

Orzamento: 3.316.623,00 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 4 de xullo de 2012

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense