Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 6 de agosto de 2012 Páx. 31424

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial APR B3-02 Camiño do Rueiro II do Plan xeral de ordenación municipal do concello de Ames.

En sesión plenaria do 28 de xuño de 2012 prestouse aprobación definitiva ao Plan especial APR B3-02 Camiño do Rueiro II do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Ames.

Este acordo de aprobación definitiva publícase no Diario Oficial de Galicia en cumprimento do previsto no artigo 92 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, indicando que o dito acordo de aprobación definitiva, así como dous exemplares do documento aprobado, foron remitidos á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas con data do 27 de xullo de 2012.

Ames, 27 de xullo de 2012

Santiago V. Amor Barreiro
Alcalde