Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 6 de agosto de 2012 Páx. 31423

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2012 pola que se fai pública a adxudicación do alugamento dun inmoble sito na rúa Pasteur número 22 da Coruña.

De acordo coa resolución da xerente do Servizo Galego de Saúde, do 1 de xuño de 2012, e en cumprimento do disposto no artigo 101.3 da Lei de saúde de Galicia, Lei 8/2008, do 10 de xullo, que lle permite ao Servizo Galego de Saúde o arrendamento directo dos inmobles que sexan necesarios para o desenvolvemento das súas funcións coa obriga de publicar o anuncio e a adxudicación no Diario Oficial de Galicia, excepto naqueles casos en que en base ás peculiaridades do ben non sexa precisa a publicación do anuncio, pola necesidade de arrendar un inmoble determinado.

En virtude do establecido no Decreto 311/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 15 de xuño de 2009 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVO:

Primeiro. Facer pública a contratación do alugamento, con base nas peculiaridades do ben, dun inmoble sito na rúa Pasteur nº 22 da Coruña, titularidade de Darío Zas Rodríguez, para ser utilizado pola Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, como almacén de subministracións e oficinas.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2012

P.D. (Orde 15.6.2009)
Mª Nieves Domínguez González
Xerente do Servizo Galego de Saúde