Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 6 de agosto de 2012 Páx. 31425

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cospeito

ANUNCIO polo que se somete a información pública a solicitude de licenza municipal para a instalación de almacén de produtos agropecuarios e fitosanitarios na parcela I-4 do polígono industrial de Muimenta.

Solicitada por Javier Campos, en representación de Xenética e Servicios Gandeiros, S.A., licenza municipal para a instalación da actividade de almacén e venda de produtos agropecuarios e fitosanitarios, sometida a avaliación de incidencia ambiental, na parcela I-4 do polígono industrial de Muimenta deste termo municipal, neste concello tramítase o oportuno expediente.

En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, procédese a abrir período de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, por período de vinte días –que empezará a contarse desde o día seguinte ao da última publicación–, para que todos aqueles que se consideren afectados por esa actividade, poidan examinar o expediente, que se atopa á súa disposición na Secretaría municipal, e formular por escrito reclamacións ou observacións, se o estiman oportuno.

Cospeito, 18 de xuño de 2012

Armando Castosa Alvariño
Alcalde