Con data do 18 de xuño de 2012, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra ditou o acordo de inicio do expediente sancionador número 2012086AL-PO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra contra a entidade Hebreos Pan, S.L.
Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle ao/á director/a xerente da entidade Hebreos Pan, S.L. o contido do referido acordo que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o/a asiste, ao abeiro do disposto no numero 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, avda. Fernández Ladreda, núm. 43, 1º, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Pontevedra, 13 de xullo de 2012
Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra
ANEXO
Número do expediente: 2012086AL-PO.
Denunciada: Hebreos Pan, S.L., con CIF B36911758.
Último enderezo coñecido: rúa Venezuela, 72, 36204 Vigo.
Feito imputado: supostas infraccións en materia sanitaria.
Preceptos presuntamente infrinxidos:
– Artigo 2, punto 2.2, do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da produción agroalimentaria.
– Artigos 3 e 5, capítulo I, puntos 1, 2 e 9, capítulo II, punto 1, capítulo V e capítulo IX, puntos 2, 3 e 4 do anexo II do Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.
– Artigos 14, 17 punto 1 e 18 do Regulamento (CE) 178/2002, do 28 de xaneiro, polo que se establecen os principios e os requirimentos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria.
Tipificación: infracción leve, segundo o artigo 51 punto 1, da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.
Sanción proposta: mil douscentos euros (1.200 €).