Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 6 de agosto de 2012 Páx. 31399

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 10 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se relaciona o acordo de liquidación provisional do expediente T-3/11-3T-LU, pendente de notificar, e se emprazan as persoas interesadas que se sinalan para seren notificadas por comparecencia (Incada Cárnicas y Embutidos, S.L.).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, relaciónase o acordo de liquidación provisional do expediente T-3/11-3T-LU, pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal do xeito indicado no artigo anterior, e emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado pola xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo en aplicación dos artigos 137 e 99.8 da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Xestión, con enderezo na rúa Montevideo, 9, 27001 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 10 de xullo de 2012

Purificación Rivas Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Interesada: Incada Cárnicas y Embutidos, S.L.

CIF: B27251495.

Tributo: taxa 31.08.01 e 31.36.01 do anexo 2 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma.

Procedemento: acordo de liquidación provisional.

Nº expediente: T-3/11-3T-LU.

Trimestre: 3º trimestre de 2011.

Último enderezo coñecido: polígono industrial de Rábade, 27370 Rábade (Lugo).