Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 3 de agosto de 2012 Páx. 31256

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 9 de xullo de 2012 pola que se notifica a proposta de resolución de expediente sancionador 107 C 2011/56-0, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

O instructor do expediente sancionador o día 21 de xuño de 2012 elaborou a proposta de resolución do expediente sancionador por infracción urbanística 107 C 2011/56-0, incoado polas obras consistentes na construción dunha vivenda unifamiliar no lugar de Arnados, parroquia de Razo, no termo municipal de Carballo, provincia da Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela proposta a José Bardanca Longueira, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a devandita proposta.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da proposta que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela para a súa consulta, no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de 15 días hábiles para formular alegacións e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes.

Para que conste, e lle sirva de notificación ao citado interesado en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2012

Por substitución (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo)
José Mª Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística