Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 3 de agosto de 2012 Páx. 31255

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

CÉDULA do 13 de xullo de 2012, da Dirección de Augas de Galicia, pola que se notifica a resolución do recurso de reposición interposto por Luscinda Gumersinda Sexto Rey, Manuel Pedreira Pájaro, José Rial Mejuto, Florinda Romero e Manuel Freire Vázquez fronte á Resolución da Dirección de Augas de Galicia do 4 de maio de 2012.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que se relacionan a resolución ditada no recurso de reposición contra a resolución da dirección de Augas de Galicia do 4 de maio do 2012 devolta polo servizo de Correos xa que, intentada dúas veces a notificación da citada resolución, non foi posible a súa práctica por atoparse ausente o destinatario.

Segundo establece o artigo 61 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, para examinar a resolución nas dependencias da Secretaría Xeral de Augas de Galicia, situada na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela.

Fáiselles saber que contra a dita resolución, definitiva na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao remate do prazo de dez días antes sinalado ou ao da comparecencia do interesado, se é o caso.

E, para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2012

Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia