Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 2 de agosto de 2012 Páx. 31062

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Laxe

ANUNCIO de información pública sobre acondicionamento dun local para destinalo a taberna-mariscaría e licenza de apertura.

Marcos Devesa Vázquez solicitou neste concello a correspondente licenza para o acondicionamento dun local situado na r/ Rosalía de Castro, núm. 4, desta vila de Laxe, para destinalo a taberna-mariscaría e licenza de apertura deste.

Consonte o disposto no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo prazo de vinte (20) días hábiles para que durante o dito prazo, que comezará a contar desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, nas oficinas municipais deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideran afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Laxe, 3 de xullo de 2012

Antonio Carracedo Sacedón
Alcalde