Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 2 de agosto de 2012 Páx. 31063

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mazaricos

ANUNCIO de información pública sobre actividade de estabulación libre de gando vacún de leite, obras anexas e fosa de xurro en Quintáns (Corzón).

Faise público que María Rosa Maceiras Pereira solicitou licenza para desenvolver a actividade de estabulación libre de gando vacún de leite, obras anexas e fosa de xurro en Quintáns-Corzón, no ámbito de aplicación comprendido no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental.

Presentada a solicitude e a documentación anexa requirida pola normativa, e para efectos de cumprir o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, o expediente de referencia exponse ao público por un período de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia correspondente e exposición no taboleiro de anuncios do concello.

Deste xeito todos os interesados ou afectados pola actividade obxecto deste expediente poden consultalo nas dependencias municipais e efectuar as alegacións ou observacións que xulguen pertinentes.

Mazaricos, 12 de xullo de 2012

Manuel Rodríguez Caamaño
Alcalde en funcións