Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 2 de agosto de 2012 Páx. 31061

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Laxe

ANUNCIO de información pública sobre reestrutruración de andar baixo e primeiro dun edificio para dedicalo a taberna-restaurante e licenza de apertura e elevación do primeiro andar e baixo cuberta para uso residencial.

Felipe e Eva María Oróns Baña solicitaron neste concello a correspondente licenza para a reestruturación de andar baixo e primeiro dun edificio situado na r/ Rosalía de Castro, núm. 6 e r/ Real, núms. 6-8, Laxe, para dedicalo a taberna-restaurante e licenza de apertura deste e elevación do 1º andar e baixo cuberta para uso residencial.

Consonte o disposto no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo prazo de vinte (20) días hábiles, para que durante o dito prazo, que comezará a contar desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, nas oficinas municipais deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideran afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Laxe, 25 de xuño de 2012

Antonio Carracedo Sacedón
Alcalde