Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 2 de agosto de 2012 Páx. 31045

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 188/2012-B interposto pola comunidade do monte veciñal en man común Veiga de Antela, no concello de Sandiás (Ourense).

Nesta xefatura territorial recibiuse escrito do Xulgado Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense, en relación co recurso contencioso-administrativo P.O. 188/2012-B interposto pola comunidade do monte veciñal en man común Veiga de Antela, no concello de Sandiás (Ourense), contra a Resolución do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Ourense do 12 de abril de 2012.

En consecuencia, esta xefatura territorial acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos seguidos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 23 de xullo de 2012

Ricardo Ignacio Vecillas Rojo
Xefe territorial de Ourense