Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 2 de agosto de 2012 Páx. 31043

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato de subministración e entrega de mangueiras para a realización de traballos de prevención e extinción de incendios forestais da Xunta de Galicia durante o ano 2012 (7/12-I, expediente 6/2012).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo, de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración e entrega dun mínimo de 1.280 tramos de mangueira para a realización de traballos de prevención e extinción de incendios forestais da Xunta de Galicia durante o ano 2012.

c) Enderezo da internet do perfil de contratante:

http:/www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17299

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 79, do 25 de abril de 2012.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinario e aberto non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación:

Valor estimado: 101.966,10 €. Importe total: 120.320,00 €.

5. Adxudicación e formalización do contrato:

a) Data da resolución da adxudicación: 14 de xuño de 2012.

b) Adxudicataria: Productos y Mangueras Especiales, S.A.

c) Importe: 120.256,75 € (IVE incluído), 1.315 tramos de mangueira a un prezo unitario de 91,45 €.

d) Data de formalización do contrato: 26.6.2012.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: única oferta presentada á licitación.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2012

P.D. (Orde do 30.3.2012, DOG nº 70, do 12 de abril)
Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar