Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 2 de agosto de 2012 Páx. 30980

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 13 de xullo de 2012 pola que se modifica a autorización do centro privado Vigo, do concello de Redondela (Pontevedra).

O representante da titularidade do centro privado (CPR) Vigo, do concello de Redondela, solicita a supresión do ciclo formativo de grao medio de Equipos electrónicos de consumo e dos ciclos formativos de grao superior de Comercio internacional e do Desenvolvemento e aplicación de proxectos de construción, e a autorización do ciclo formativo de grao medio de Instalacións eléctricas e automáticas e do programa de cualificación profesional inicial (PCPI) de Comercio.

A Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra achega o expediente cos correspondentes informes, de acordo co Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e coa Orde do 20 de setembro de 1995, que o desenvolve.

Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Suprimir o ciclo formativo de grao medio de Equipos electrónicos de consumo e os ciclos formativos de grao superior de Comercio internacional e Desenvolvemento e aplicación de proxectos de construción no CPR Vigo.

Segundo. Autorizar o ciclo formativo de grao medio de Instalacións eléctricas e automáticas e o programa de cualficación profesional inicial (PCPI) de Comercio, no centro privado que se sinala:

Denominación: CPR Vigo.

Código do centro: 36018033.

Domicilio: Rande - A Formiga, s/n.

Localidade: Redondela.

Concello: Redondela.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Sociedad Mercantil Colegio Vigo, S.A.

Con respecto ao ciclo formativo de grao medio de Equipos electrónicos de consumo, suprimirase o primeiro curso o día 1 de setembro de 2012, e o segundo curso o 1 de setembro de 2013.

Composición resultante:

Educación infantil: 3 unidades.

Educación primaria: 6 unidades.

Educación secundaria obrigatoria: 4 unidades.

Bacharelato: 4 unidades, das modalidades de:

– Ciencias e tecnoloxía (2 unidades).

– Humanidades e ciencias sociais (2 unidades).

PCPI Comercio (1 unidade para 15 alumnos/as).

PCPI Instalacións electrotécnicas e de telecomunicacións (1 unidade para 15 alumnos/as).

PCPI Mantemento de vehículos (1 unidade para 15 alumnos/as).

1 ciclo formativo de grao medio de Comercio (1 unidade para 30 alumnos/as).

1 ciclo formativo de grao medio de Electromecánica de vehículos (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

1 ciclo formativo de grao medio de Instalacións eléctricas e automáticas (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

Quenda de tarde-noite:

Educación básica para as persoas adultas.

Ensinanzas básicas iniciais: nivel I e II.

Educación secundaria para persoas adultas: nivel I e II.

Terceiro. Antes da posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan a Xefatura Territorial de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia.

Cuarto. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2012

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria