Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 2 de agosto de 2012 Páx. 31027

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se anuncia a adxudicación do contrato do servizo de limpeza de edificios e oficinas desta xefatura territorial (expediente 30/2012).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xefatura Territorial da Coruña.

c) Número de expediente: 30/2012.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de limpeza de edificios e oficinas da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña.

c) División por lotes e número:

– Lote núm. 1: Xefatura e SMAC de Ferrol.

– Lote núm. 2: oficinas de emprego.

– Lote núm. 3: centros de formación e unidades de acción formativa.

d) Nomenclatura: CPA-2008: 81.21, 81.22, 81.29.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 90, Boletín Oficial del Estado nº 100 e no Diario Oficial de la Unión Europea DO/S S70.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 11 de maio de 2012, 26 de abril de 2012 e 11 de abril de 2012.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 730.677,97 euros.

5. Orzamento base de licitación: setecentos trinta mil seiscentos setenta e sete euros con noventa e sete céntimos (730.677,97 €), máis cento trinta e un mil cincocentos vinte e dous euros con tres céntimos (131.522,03 €) en concepto de IVE (18%), resultando un total de oitocentos sesenta e dous mil douscentos euros (862.200,00 €); sendo o importe de cada lote o que se sinala a seguir:

– Lote núm. 1: importe neto: 196.610,17 €. IVE (18%): 35.389,83 €. Importe total: 232.000,00 €.

– Lote núm. 2: importe neto: 271.186,44 €. IVE (18%): 48.813,56 €. Importe total: 320.000,00 €.

– Lote núm. 3: importe neto: 262.881,36 €. IVE (18%): 47.318,64 €. Importe total: 310.200,00 €.

6. Adxudicación do contrato:

6.1. Lote 1.

a) Data de adxudicación: 28 de xuño de 2012.

b) Contratista: Limpiezas del Noroeste, S.A.U.

c) Importe de adxudicación: importe neto: 183.644,88 euros. IVE (18%) 33.056,08 euros. Importe total: 216.700,96 euros.

d) Vantaxes da oferta adxudicataria: por alcanzar a maior puntuación xeral segundo os criterios especificados nos pregos.

6.2. Lote 2.

a) Data de adxudicación: 28 de xuño de 2012.

b) Contratista: Limpiezas Compostela, S.L.

c) Importe de adxudicación: importe neto 261.600,00 euros. IVE (18%) 47.088,00 euros. Importe total: 308.688,00 euros.

d) Vantaxes da oferta adxudicataria: por alcanzar a maior puntuación xeral segundo os criterios especificados nos pregos.

6.3. Lote 3.

a) Data de adxudicación: 28 de xuño de 2012.

b) Contratista: Limpiezas del Noroeste, S.A.U.

c) Importe de adxudicación: importe neto: 260.481,36 euros. IVE (18%) 46.886,65 euros. Importe total: 307.368,01 euros.

d) Vantaxes da oferta adxudicataria: por alcanzar a maior puntuación xeral segundo os criterios especificados nos pregos.

A Coruña, 2 de xullo de 2012

P.D. (Orde 19.8.2009)
Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña