Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 2 de agosto de 2012 Páx. 31030

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2012 pola que se fai pública a formalización do contrato das obras de reforma integral e mellora funcional do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade da Coruña, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Contratación e Obras.

c) Número de expediente: 34/2012.

d) Enderezo da internet do perfil de contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17346

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: obras.

b) Descrición do obxecto: obras de reforma integral e mellora funcional do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade da Coruña, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (CPA: 41.00.3), (CPV: 45000000-7).

c) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 68, do 10 de abril de 2012.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación. Importe neto: 541.450,00 €. IVE: 97.461,00 €. Importe total: 638.911,00 €. Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, nun 80% (eixe 6; tema prioritario 79; medida 6.79), e nun 20% con fondos de Compensación Interterritorial (FCI) e fondos da Comunidade Autónoma.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 7 de xuño de 2012.

b) Data de formalización do contrato: 15 de xuño de 2012.

b) Contratista: A. y R. Gómez Crespo, S.L.

c) Importe de adxudicación. Importe neto: 432.347,82 €. IVE: 77.822,60 €. Importe total: 510.170,42 €.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2012

P.D. (artigo 1 da Orde do 19.8.2009)
Cristina Ortiz Dorda
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar