Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 2 de agosto de 2012 Páx. 31025

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se anuncia a adxudicación do contrato do servizo de vixilancia nocturna nas residencias de maiores de Porta do Camiño e Volta do Castro, en Santiago de Compostela–A Coruña (expediente 38/2012).

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Traballo e Benestar.

a) Dependencia que tramita o expediente: Xefatura Territorial da Coruña.

b) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de vixilancia nocturna nas residencias de maiores de Porta do Camiño e Volta do Castro, en Santiago de Compostela-A Coruña.

3. Tramitación e procedemento: urxente e aberto.

4. Orzamento base de licitación: cento sesenta e un mil oitenta e catro euros con setenta e cinco céntimos (161.084,75 €), máis vinte e oito mil novecentos noventa e cinco euros con vinte e cinco céntimos (28.995,25 €) en concepto de IVE (18%), resultando un total de cento noventa mil oitenta euros (190.080,00 €).

5. Adxudicación:

a) Data: 25 de xuño de 2012.

b) Contratista: Segur 10 Vigilancia, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: cento vinte e catro mil novecentos noventa e nove euros (124.999,00 €), máis vinte e dous mil catrocentos noventa e nove euros con oitenta e dous céntimos (22.499,82 €) en concepto de IVE (18%), resultando un total de cento corenta e sete mil catrocentos noventa e oito euros con oitenta e dous céntimos (147.498,82 €).

A Coruña, 27 de xuño de 2012

P.D. (Orde 19.8.2009)
Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña