Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 2 de agosto de 2012 Páx. 31018

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica 2ª ampliación subestación parque eólico O Irixo (fase I), no concello do Irixo (expediente IN407A 2011/31-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica:

Solicitante: Coto da Mina, S.A.

Domicilio social: parque San Lázaro, 7-1º. 32003 Ourense.

Denominación: 2ª ampliación subestación parque eólico O Irixo (fase I).

Situación: O Irixo.

Descricións técnicas:

Sistema de 132 kV en intemperie, esquema de simple barra composto por:

– 1 posición de transformador (T-2) completa.

– 1 transformador de potencia trifásico 132/20 kV 12/20 mVA, de intemperie, con illamento e arrefriado en baño de aceite, con regulación de tensión en carga por tomas no lado de alta tensión.

– Sistema de 20 kV, con esquema de simple barra, tipo interior, en celas blindadas de illamento SF6 (2 celas de liña, 1 cela de transformador de potencia, 1 cela de medida, 2 celas de batería de condensadores).

– Cada unha das posicións de 132 kV e 20 kV estará debidamente equipada cos elementos de manobra, medida e protección necesarios para a súa operación segura.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente.

Ourense, 2 de decembro de 2011

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense