Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 2 de agosto de 2012 Páx. 31020

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Cuntis (expediente IN407A 2012/129-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Electra Cuntiense, S.L.

Domicilio social: rúa Balneario, 1, 36670 Cuntis.

Denominación: LMTS derivación A Ran 2ª fase.

Situación: Cuntis.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ de 300 metros de lonxitude, con orixe na LMTS derivación A Ran 1ª fase e final no centro de transformación existente A Ran. A instalación está situada na zona da Ran, Cuntis.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avda. Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 29 de maio de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra