Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 2 de agosto de 2012 Páx. 30998

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2012, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 21 de xullo de 2011 (DOG número 142, do 26 de xullo).

En sesión que tivo lugar o día 23 de xullo de 2012, o tribunal nomeado pola Orde do 22 de novembro de 2011, modificada pola Orde do 18 de xuño de 2012, para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, acordou:

Primeiro. Que, de acordo co establecido na base II.1.1.3 da orde da convocatoria, superaron o terceiro exercicio os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de dez (10) puntos.

Segundo. Realizar os trámites oportunos para publicar as puntuacións obtidas polos/las aspirantes que se presentaron ao terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios do Servizo de Información e Atención ao Cidadán da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Terceiro. Que, de acordo co disposto na base II.1.2.8 da orde da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra estes acordos poderase interpoñer recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2012

Mª Antonia Arias Bouzas
Presidenta do tribunal