Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 2 de agosto de 2012 Páx. 30997

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 72/2012, interposto por Asociación Galega do Persoal Interino ó Servizo da Xunta de Galicia.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. 72/2012, interposto por Asociación Galega do Persoal Interino ó Servizo da Xunta de Galicia, contra a Orde da Consellería de Facenda do 22 de decembro de 2011, do tribunal nomeado pola Orde do 4 de setembro de 2009 (DOG número 179, do 11 de setembro) pola que se nomean funcionarios do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, no proceso selectivo de consolidación de emprego.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contado desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2012

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública