Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 2 de agosto de 2012 Páx. 30996

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 70/2012, interposto por María José Castelo Lestón.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. 70/2012, interposto por María José Castelo Lestón, contra a desestimación do recurso de alzada formulado contra a Resolución do 30 de marzo de 2011, do tribunal designado pola Orde do 4 de setembro de 2009 (DOG número 179, do 11 de setembro) para cualificar o proceso selectivo de consolidación de emprego para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contado desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2012

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública