Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 1 de agosto de 2012 Páx. 30779

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 11 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública a notificación de acordo de inicio do procedemento de reintegro dunha axuda a empresarios e empresarias sen persoas asalariadas, pola contratación da súa primeira persoa traballadora fixa, regulada na Orde do 31 de maio de 2007 (Diario Oficial de Galicia número 108, do 6 de xuño de 2007), relativa ao expediente TR345D 2007/24-1.

Intentada a notificación da dita resolución segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para que poida realizar as alegacións e presentar documentación que estime oportuna, no prazo de quince días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación.

Á vista das alegacións e da documentación achegada, ou transcorrido o prazo concedido para o efecto, ditarase a resolución que corresponda respecto ao reintegro da subvención concedida.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rúa Salvador de Madariaga, nº 9-1º, na Coruña, e a obter, se é o caso, copia da resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 11 de xullo de 2012

Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: TR345D 2007/24-1.

Nome ou razón social: Juan Pedro Parente.

DNI/NIF: X4627308F.

Último enderezo coñecido: trav. Meicende, 221, baixo, 15140 Arteixo (A Coruña).

Data da resolución: 30.5.2012.

Contido da resolución: iniciar o expediente declarativo da procedencia de reintegro.