Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 1 de agosto de 2012 Páx. 30781

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 11 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de acordos de inicio do procedemento de reintegro de varias axudas pola contratación indefinida das mulleres como medida para lograr un mercado de traballo igualitario, reguladas na Orde do 25 de maio de 2007 (Diario Oficial de Galicia núm. 104, do 31 de maio) relativa aos expedientes TR347H 2007/3-1 e seis máis.

Intentada a notificación das ditas resolucións segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento delas.

Así mesmo, fáiselles saber o dereito que os asiste para que poidan realizar as alegacións e presentar a documentación que consideren oportuna, no prazo de quince días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación.

Á vista das alegacións e da documentación achegada, ou transcorrido o prazo concedido para o efecto, ditarase a resolución que corresponda respecto ao reintegro da subvención concedida.

Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rúa Salvador de Madariaga, nº 9-1º, na Coruña, e a obter, se é o caso, copia da resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 11 de xullo de 2012

Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: TR347H 2007/3-1.

Nome ou razón social: Terapiovital, S.L.

DNI/NIF: B70076799.

Último enderezo coñecido: r/ Andrés Pan Vieiro, 26, esc. esquerda, 1º A, 15670 Culleredo (A Coruña).

Data da resolución: 15.5.2012.

Contido da resolución: iniciar o expediente declarativo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR347H 2007/51-1.

Nome ou razón social: Consultores Edificación e Industria, S.L.

DNI/NIF: B15208390.

Último enderezo coñecido: Pocomaco, C/2 P.E39, 15190 A Coruña.

Data da resolución: 15.5.2012.

Contido da resolución: iniciar o expediente declarativo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR347H 2007/80-1.

Nome ou razón social: Centro Photon Los Rosales, S.L.N.E.

DNI/NIF: B70052105.

Último enderezo coñecido: r/ Ramón y Cajal baixo, 3, 15006 A Coruña.

Data da resolución: 16.5.2012.

Contido da resolución: iniciar o expediente declarativo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR347H 2007/139-1.

Nome ou razón social: José Luis Quintia Manteiga.

DNI/NIF: 32681146D.

Último enderezo coñecido: r/ María, 144 baixo, 15402 Ferrol (A Coruña).

Data da resolución: 16.5.2012.

Contido da resolución: iniciar o expediente declarativo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR347H 2007/141-1.

Nome ou razón social: Detiami, S.L.U.

DNI/NIF: B32346140.

Último enderezo coñecido: r/ Merced, 1 baixo, 15009 A Coruña.

Data da resolución: 16.5.2012.

Contido da resolución: iniciar o expediente declarativo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR347H 2007/208-1.

Nome ou razón social: Mª Adela Rivera Pedreira.

DNI/NIF: 76363213Q.

Último enderezo coñecido: Gandarío, 48, 15165 Bergondo (A Coruña).

Data da resolución: 18.5.2012.

Contido da resolución: iniciar o expediente declarativo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR347H 2007/213-1.

Nome ou razón social: José Manuel Vázquez Prieto.

DNI/NIF: 32631504R.

Último enderezo coñecido: avda. Vigo, 190 baixo, 15403 Ferrol (A Coruña).

Data da resolución: 18.5.2012.

Contido da resolución: iniciar o expediente declarativo da procedencia de reintegro.