Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 31 de xullo de 2012 Páx. 30361

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (199/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber:

Que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 199/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de María José García Fouz contra a empresa Galp Energía España, S.A.U., Bravio Gest I, S.L. sobre despedimento, foi ditada a seguinte resolución:

Nº autos: despedimento/ceses en xeral 199/2012.

Na cidade da Coruña, nove de xullo de dous mil doce

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 do xulgado e localidade ou provincia da Coruña, tendo visto os presentes autos sobre despedimento entre partes, dunha e como demandante María José García Fouz, que comparece asistida da letrada María Teresa Miguez Castelos, e doutra, como demandadas, Galp Energía España, S.A.U., en cuxo nome e representación comparece o letrado Federico Martínez García e Bravio Gest I, S.L. que non comparece.

Resolvo:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por María José García Fouz contra a empresa Galp Energía España, S.A., e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento con condena da empresa indicada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, á escolla da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta disposición. Todo iso con aboamento, no caso de optar pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

A devandita opción deberá exercerse en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito termo sen que se tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que aboará a empresa demandada Galp Energía España, S.A.U., segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: 20.807,36 euros (vinte mil oitocentos sete con trinta e seis céntimos de euro).

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 21,83 euros/día; e que ata a data da presente sentenza ascenden 3.624,44 euros.

3º. Absolvo a codemandada Bravio Gest I, S.L. en relación ás peticións realizadas na demanda fronte a esta.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente-causa dun deles, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030.1846) a nome deste xulgado co núm. 1533.0000.36.0199.12, o que demostrará presentando o comprobante do ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co n.º 1533.0000.60.0199.12, a cantidade obxecto da condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente.

E para que sirva de notificación á empresa Bravio Gest I, S.L., expídese este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 11 de xullo de 2012

O secretario xudicial