Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 31 de xullo de 2012 Páx. 30360

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

AUTOS (644/2010).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 644/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Martín Barca Guillín contra a empresa Ingeniería de Comunicación Sigüeiro, S.L. sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«A Coruña, 12 de xuño de 2012.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver estes autos sobre ordinario entre partes, dunha, como demandante Martín Barca Guillín, que comparece asistido pola letrada Vanessa Amarelle Guillín, e doutra, como demandado, Ingeniería de Comunicación Sigüeiro, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma.

Resolvo que estimando a demanda formulada por Martín Barca Guillín contra á empresa Ingeniería de Comunicación Sigüeiro, S.L., condeno a esta a lle aboar a cantidade de 2.980,42 euros, que lle debe en concepto de salarios e demais conceptos, cos xuros conforme o artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe ningún recurso.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado que a ditou, en audiencia pública do día da data, do que dou fe».

E para que sirva de notificación a Ingeniería de Comunicación Sigüeiro, S.L., expídese esta cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 10 de xullo de 2012

O secretario xudicial