Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 31 de xullo de 2012 Páx. 30355

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (137/2010).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Social número 2 da Coruña.

Fago saber: que no proceso seguido por instancia de Julio Salgado Nieto contra Tiig Montajes, S.L., administración concursal de Tiig Montajes, S.L., Fogasa, en reclamación por ordinario, rexistrado co número 137/2010, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión din:

Asunto 137/2010

Na cidade da Coruña, 9 de xullo de 2012

Lara Mª Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre cantidades, por instancia de Julio Salgado Nieto, que comparece representado polo letrado Sr. Nogueira Esmorís, contra a empresa Tiig Montajes, S.L. e a administración concursal de Tiig Montajes, S.L., que non comparecen, e o Fondo de Garantía Salarial, que comparece representado pola letrada Sra. Abajo Lera, ditou a seguinte

Sentenza.

Decisión:

Que estimando a demanda interposta por Julio Salgado Nieto contra a empresa Tiig Montajes, S.L., condénoa a que lle aboe a cantidade de nove mil douscentos noventa e oito euros e setenta e oito céntimos (9.298,78 euros).

Así mesmo, absolvo a administración concursal da empresa Tiig Montajes, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo das súas respectivas responsabilidades nos casos previstos na Lei concursal e no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado o xustificante acreditativo de ter depositado a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto, e poderase substituír a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, e deberase acreditar tamén na indicada conta a consignación da suma de 300 euros preceptivos para recorrer, sen cuxo cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino.

E para que sirva de notificación a Tiig Montajes, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 10 de xullo de 2012

A secretaria xudicial