Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 30 de xullo de 2012 Páx. 30316

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Meira

ANUNCIO polo que se somete a información pública a solicitude de licenza municipal para construción de fosa de xurro.

Amable Silvosa Pérez solicitou neste concello licenza municipal para construción de fosa de zurro en Piñeiro, Meira.

De conformidade co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de 20 días mediante anuncio no BOP de Lugo, no DOG e no taboleiro de edictos do Concello, para que os interesados poidan examinar o expediente na Secretaría do concello en horario das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres e, de ser o caso, formular os reparos e observacións que consideren oportunos.

Este anuncio servirá de notificación, ao abeiro do artigo 59.5 da Lei 30/1992, para todos aqueles que sexan descoñecidos ou se ignore o seu paradoiro, ou ben, intentada esta, non se puidese practicar.

Meira, 16 de xullo de 2012

Ramiro Pérez Freijo
Alcalde