Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 30 de xullo de 2012 Páx. 30317

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mugardos

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación definitiva do estudo de detalle para axuste de aliñacións e rasantes para un soar.

O Pleno do Concello, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 29 de xuño de 2012, aprobou definitivamente o estudo de detalle para axuste de aliñacións e rasantes para un soar sito na rúa Peteiro, promovido por Montrove Promoxestión, S.L., redactado polo arquitecto Francisco Otero Méndez, visado polo COAG o 14 de marzo de 2012, e anexo visado polo COAG o 3 de maio de 2012, coas seguintes consideracións:

– Aspectos como alturas concretas, disposición de voos en fachada, etc. non aparecen ben definidos, pero debido á escala e á non existencia de planos de arquitectura, remítese ao proxecto de edificación a definición concreta destes parámetros.

En cumprimento do disposto no artigo 92 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, publícase o presente anuncio e remitiraselle á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas copia autenticada do expediente e dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente, debidamente dilixenciados polo secretario do Concello.

Contra o acordo de aprobación definitiva, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Mugardos, 6 de xullo de 2012

Xosé Fernández Barcia
Alcalde