Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 30 de xullo de 2012 Páx. 30318

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO sobre alleamento de predio para garaxe do conxunto Los Mirabeles.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Concello de Pontevedra. Órgano de contratación: Xunta de Goberno Local. Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Patrimonio.

2. Obxecto do contrato.

Alleamento do predio nº 1 da división horizontal, soto segundo, ou máis profundo, destinado a garaxe do conxunto Los Mirabeles, en Pontevedra.

3. Tramitación e procedemento.

Procedemento aberto e a forma de poxa pública á alza.

4. Tipo de licitación.

Tipo mínimo de licitación 634.000,00 euros (tributos excluídos).

5. Garantías.

Provisional: 3% do tipo de licitación (tributos excluídos).

Definitiva: non se exixe pola propia natureza do contrato.

6. Obtención de documentación e información.

Concello de Pontevedra, Servizo Municipal de Patrimonio, rúa don Filiberto, oficinas municipais do Teatro Principal, 3º andar, Pontevedra. Teléfono: 986 86 86 11. Fax: 986 84 13 86. Perfil do contratante do concello: www.pontevedra.eu. Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Presentación de ofertas.

Durante os 30 días hábiles seguintes ao da publicación do último anuncio de licitación (no BOP ou no DOG ou no perfil do contratante).

8. Documentación que hai que presentar.

A sinalada no artigo 8.2 do prego de cláusulas.

9. Lugar de presentación.

No Rexistro Xeral do concello. Michelena, 30. 36002 Pontevedra, das 9.00 ás 13.00 horas de luns a sábado.

10. Criterios de adxudicación.

Os indicados no artigo 11 do prego de cláusulas.

11. Gastos do anuncio.

A cargo do adxudicatario.

Pontevedra, 13 de xullo de 2012

Vicente García Legísima
Concelleiro de Goberno Delegado da Área de Réxime Interior e Persoal